top of page
perfil_wix_2.jpg

Sempre me gustou escribir e debuxar historias, así que durante a infancia atopei nas palabras e cores unha ferramenta útil para expresarme. Co tempo, estas deron paso á luz e aos fps do presente: a fame de aprender descóbreme nos procesos de creación (vídeo, fotografía, deseño e escrita) unha ponte entre a vocación innata e a curiosidade polos medios de información e comunicación.

No 2016 remato os estudos universitarios en Comunicación Audiovisual. Tiven formación específica en produción para televisión e participei en cursos vinculados ao eido artístico (debuxo, danza, interpretación, dobraxe...). Á biografía tamén sumo experiencia como actriz, operadora de cámara, editora de vídeo, axudante de produción audiovisual ou apoio en comunicación corporativa.

Actualmente colaboro de xeito independente (cámara e edición de vídeo) en proxectos do sector cultural e eventos ao tempo que autoxestiono Pampillo Store, marca propia de artes gráficas. Se buscas alguén de espírito inquieto e compartes a paixón por todo o que sume comunicación e creatividade, calquera oportunidade é boa para facer camiño.

 

A necesidade de crear, principio da liberdade.

bottom of page